O CAPM de Coia está situado no barrio que lle dá nome en Vigo, moi preto dun hipermercado e dun dos “monumentos” máis polémicos da cidade: o barco Alfageme situado na avenida de Castelao. É un dos centros de día con maior capacidade desta gran urbe pero tamén da nosa comunidade autónoma, cun aforo de ata 70 persoas e 19 profesionais.

É un edificio con dous andares, o primeiro está dedicado en exclusiva á atención das persoas maiores polo que poden moverse con seguridade por toda as estancias e o segundo está adicado aos despachos de profesionais, onde pode achegarse calquera que o desexe. Afortunadamente, contamos cun gran xardín interior que nos permite facer moitas actividades ao aire libre na tempada estival, e tamén temos á nosa disposición, unha parada de transporte público preto, para organizar saídas culturais ou de ocio pola cidade. Non temos un perfil de persoa usuaria homoxéneo, xa que convivimos moitas persoas que son viguesas e sempre viviron na cidade, pero tamén acoden outras que viviron en diferentes zonas do rural. Contamos tamén con outra xente que se criou noutras cidades fóra de Galicia, ben porque viñeron a Vigo por motivos laborais ou porque emigraron a outros países e retornaron coa xubilación. Isto convértenos nunha “familia” moi rica e diversa, culturalmente falando. Encántanos saír á cafetería, os paseos estivais, a ximnasia no xardín e todo tipo de festas con baile.

En outubro de 2020 cumpriremos unha década xa, durante a cal pasaron máis de 350 persoas. que cuentes tu historia y que tus visitantes te conozcan un poco mejor.